Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos da empresa Casa Grande de Xanceda, SAT XUGA 1234 (expediente 2018-SC-I-00204).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do procedemento de autorización.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-SC-I-00204.

Titular: Casa Grande de Xanceda, SAT XUGA 1234.

NIF: V15934912.

Acto notificado: resolución de caducidade do procedemento de autorización.

Data do acto administrativo: 5 de marzo de 2020.