Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32416

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a descatalogación de varios elementos do Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a descatalogación das seguintes árbores do Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 19 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Código: 8A.

Nome da árbore: Araucaria excelsa da Casa de Tenreiro.

Especie: Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco.

Localidade: Pontedeume.

Concello: Pontedeume.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 567.960/4.806.000.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 21A.

Nome da árbore: Castiñeiro do Mola.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Souto de Mola.

Concello: A Mezquita.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 662.132/4.648.837.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 24A.

Nome da árbore: Castiñeiro da Regadiña.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: A Regadiña.

Concello: A Pobra de Trives.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 645.476/4.688.091.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 31A.

Nome da árbore: Camecíparis de Lawson do Castelo de Soutomaior.

Especie: Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.

Localidade: Soutomaior.

Concello: Soutomaior.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 592.514/4.838.051.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 74A.

Nome da árbore: Carballo albar da praza do Campo de Quindous.

Especie: Quercus petrae (Mattusch.) Liebl.

Localidade: Quindous.

Concello: Cervantes.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 677.800/4.705.591.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 75A.

Nome da árbore: Rebolo da praza do Campo de Quindous.

Especie: Quercus pyrenaica Will.

Localidade: Quindous.

Concello: Cervantes.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 664.096/4.747.816.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 103A.

Nome da árbore: Teixo da Casa de Tenreiro.

Especie: Taxus baccata L.

Localidade: Pontedeume.

Concello: Pontedeume.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 567.960/4.806.000.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 109A.

Nome da árbore: Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns.

Especie: Aracucaria heterophylla (Salisb.) Franco.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 521.842/4.714.056.

Motivo da descatalogación: morte biolóxica.

Código: 122A.

Nome da árbore: Nogueira de Licín.

Especie: Junglans regia L.

Localidade: Licín.

Concello: O Saviñao.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 611.396/4.714.160.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Segundo. Facer pública a descatalogación das seguintes formacións do Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 19 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Código: 25F.

Nome da árbore: Buxeda do Pazo de San Lourenzo.

Especie: Buxus sempervivens L.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 536.122/4.747.370.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Código: 31F.

Nome da árbore: Tileiras prateadas do mosteiro de Oseira.

Especie: Tilia tomentosa Moench.

Localidade: Oseira.

Concello: San Cristovo de Cea.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 586.191/4.710.181.

Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.

Terceiro. Facer pública a descatalogación da seguinte árbore do Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 2 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Código: 93A.

Nome da árbore: Sobreira de Balboa.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Arnois (San Xiao).

Concello: A Estrada.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 549173/4.734.058.

Motivo da descatalogación: morte biolóxica.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural