Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 741/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social número 741/2019 deste xulgado do social, se ditou Sentenza con data do 17 de xullo de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días contra esta, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferreiro Marinesca Conservas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza