Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32364

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (652/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 652/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Noya Señarís contra Eugalimp, S.L., Representaciones Eugal, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

«Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 652/2019, en que foron parte, como demandante, José Manuel Noya Señarís, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez e, como demandado/s, Representaciones Eugal, S.L. e Eugalimp, S.L., que non compareceron malia a súa citación en legal forma, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome de S.M. o rei, con base nos siguientes.....».

Fallo:

«Estímase parcialmente a demanda interposta por José Manuel Noya Señarís e, en consecuencia:

Declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución por incumprimento grave do empresario.

Condeno a entidade demandada Representaciones Eugal, S.L. a que aboe ao demandante a suma de 11.259,96 euros, s.e.u.o. en concepto de indemnización, así como a cantidade de 6.254,83 euros en concepto de salarios e complemento de incapacidade temporal.

Son de aplicación os xuros do 10 % por amora respecto da cantidade de 3.746,51 euros.

Absolvo a Eugalimp, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco (5)días seguintes ao da súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese o recorrente que non sexa traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, nin goce do dereito de asistencia xurídica gratuíta que deberá acreditar, ao tempo de interpoñelo, ter ingresado o importe de 300 euros na conta 0049 3569 9200 0500 1274 con n.º 5076-0000-65-0652-19, concepto “Recursos” do Banco de Santander, achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a devandita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo se é beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é entidade xestora e foi condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente é unha empresa ou mutua patronal que foi condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de que esta determine o seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Os prazos comezarán a contar unha vez que alce a suspensión dos prazos procesuais a autoridade competente.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que conteñan e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Representaciones Eugal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza