Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de xestión da biomasa.

Intentada a notificación aos interesados no procedemento sen que fose posible efectuala, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables descoñecidas a súa obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas. Concédeselles para facelo un prazo máximo de quince (15) días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo. Indícase que o texto íntegro do acto que se notifica, así como o expediente no seu conxunto, se encontran á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias municipais do Concello da Teixeira.

Referencias catastrais:

1. 32081A011000050000GR: Benito Losada.

2. 32081A063002260000GS: Benjamín Álvarez Vázquez.

O que se publica para os efectos indicados.

A Teixeira, 22 de xullo de 2020

Miguel Antonio Cid Álvarez
Alcalde