Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación dunha granxa de polos de ceba en Parada de Ribeira de 51.169 a 91.028 polos. Titular: Avicesa, S.C. Localización: concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Conforme ao disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Avicesa, S.C., para solicitar a autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación citada no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. A documentación poderá consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) en horario de atención ao público;

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
(https://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Avicesa, S.C.

CIF: 32430266J.

Domicilio social: rúa Ferro Couselo, 22, 2º andar, porta B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Localización da instalación: Parada de Ribeira, 32635 Xinzo de Limia (Ourense).

Actividade: explotación avícola con destino a produción de carne para consumo humano.

Epígrafe de actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 9.3.a).

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 1, a, 2º.

Descrición da actividade: explotación avícola cunha capacidade actual de 51.169 broilers criados sobre o chan e que se pretende ampliar ata os 91.028. Na actualidade conta con 2 naves (granxa 1 e granxa 2), un almacén e unha esterqueira; e proxéctase a construción dunha nova nave (granxa 3), un almacén e unha esterqueira.

Verteduras: a explotación conta cunha fosa séptica de infiltración para a depuración das augas residuais procedentes dos aseos e vestiarios das granxas 1 e 2. Proxéctase a construción dunha nova fosa séptica de infiltración para as augas residuais dos aseos da granxa 3.