Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31891

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética para o ano 2020 (código de procedemento IN414C).

Mediante a Resolución do 28 de abril de 2020 que foi publicada no DOG número 99, do 25 de maio, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética.

O artigo 2.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutras das epígrafes existe lista de espera.

O prazo de presentación de solicitudes da actuación 1 correspondente á renovación de electrodomésticos comezou o 1 de xullo e o prazo de solicitudes da actuación 2 relativa ás instalacións domóticas comezou o 2 de xullo.

O 3 de agosto, os fondos dispoñibles para a actuación 1 foron reservados na súa totalidade e hai 1.000 solicitudes adicionais en lista de espera cunha axuda asociada superior a 150.000 €. Mentres, na actuación 2, rexistráronse 48 solicitudes cunha axuda asociada de 28.578,45 €.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Dado que se deu a situación de pasar un mes de prazo, que hai lista de espera para a actuación 1, plan renove de electrodomésticos, e que existe dispoñibilidade na actuación 2, domótica enerxética, e para evitar, na medida do posible, un efecto parada nas solicitudes do plan renove de electrodomésticos derivado da entrada en lista de espera da actuación, que pode ocasionar prexuízos ás entidades colaboradoras así como ás persoas interesadas na axuda, urxe tramitar unha redistribución orzamentaria entre as distintas epígrafes.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética en función do volume de solicitudes recibido modificando a táboa do artigo 2.1 da Resolución do 28 de abril de 2020 do seguinte xeito:

Tipo de actuación

Aplicación orzamentaria (€)

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos

09.A2.733A.780.7

1.350.000,00

370.000

1.720.000,00

Actuación 2. Domótica enerxética

09.A2.733A.780.9

400.000,00

-370.000

30.000,00

Total

1.750.000,00

1.750.000,00

0,00

1.750.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia