Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública e a compatibilidade con dous dereitos mineiros da instalación eléctrica (expediente IN407A 2018/321-4).

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e declarouse a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cos dereitos mineiros correspondentes ás concesións de explotación de recursos da sección C), Benedicta nº 1544 e Arcace nº 21, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT aero-subterránea a 220 kV S/C Atios-Montouto, tramo entre subestación Atios e o apoio T-13 existente, no concello do Porriño (expediente IN407A 2018/321-4), publicada no DOG núm. 92, do 13 de maio.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados, ou por resultar descoñecido o interesado ou o seu enderezo.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4.

Instalación eléctrica: LAT aero-subterránea a 220 kV S/C Atios-Montouto, tramo entre subestación Atios e o apoio T-13 existente.

Municipios afectados: O Porriño (Pontevedra).

Interesado: propietario ou alegante

Referencia catastral do predio afectado

Angelina Fernández Pérez

-

Canteras Vilafría, S.L.

36039A02900178

Carmen Fernández Pérez

36039A02900189

Carmen Martínez Conde

36039A02500304

Domingo Domínguez Martínez

36039A02600259

Elena Nacimiento García

36039A02500261

Emilio Romero

36039A02600258

Enrique Romero Maceira

36039A02500386

Hros. de Antonio Ferreira Pérez

36039A02700005

Hros. de Aquilina Romero Vila

36039A02500272

Hros. de Demetrio Romero Piñeiro

36039A02500270

Hros. de Domingo Davila Fernández

36039A02900188

Hros. de Emérita Martínez Rodríguez

36039A02500287

Hros. de Francisco Lemos Fernández

36039A02500239

Hros. de José Vila Pérez

36039A02500237

Hros. de Mª Carmen Vila Rodríguez

36039A02500177

Hros. de Manuel Rodríguez Martínez

36039A02500317

Hros. de Manuel Vila Rodríguez

36039A02600254

Hros. de Marcelina Vila Alonso

36039A02600253

Hros. de Miguel Rodríguez Martínez

36039A02600249

Hros. de Ruperto Romero Piñeiro

36039A02500385

Isaura Romero Vila

36039A02500271

José Emilio Besada Morais

36039A02500268

Josefa Martínez Rodríguez

36039A02500260

Josefa Romero Domínguez

36039A02500282

Josefa Vila Rodríguez

36039A02600252

Mª Cristina Rodríguez Pedrares

36039A02500311

Manuel Alonso

36039A02500232

Manuel Correa Sanjuán

36039A02500269

Manuel Novas

36039A02500152

Manuel Rodríguez

36039A02500352

Manuel Romero Vila

36039A02500366

Marcial Fandiño Martínez

36039A02600256

Olga Romero Domínguez

36039A02500370

Olivia Besada Besada

36039A02600320

Purificación Correa Sanjuán

36039A02500396

Rogelio Domínguez Martínez

36039A02600248

Rosa Mª Salomón Lemos

36039A02500393

Rosario Vila Amil

36039A02500235

Rosendo Martínez Rodríguez

36039A02500307

Santiago Besada Besada

36039A02600273

Trinidad Romero Fernández

-

Venancio Martínez Ledo

36039A02500394

Vila, María Ángeles

36039A02500383

Xoán Xosé Pereira Pereira (presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios)

-