Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31650

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 23 de xullo de 2020 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG número 59, do 24 de marzo), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG número 157, do 21 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23, concertos que se modificaron pola Orde do 20 de xullo de 2018 (DOG núm. 154, do 13 de agosto), e a Orde do 6 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto).

De conformidade co artigo 4 da dita Orde do 14 de marzo de 2017, os concertos educativos que se subscriban ou modifiquen mediante a presente orde rematarán ao final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2018, do 8 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes

1. Esta orde ten por obxecto modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se sinalan.

2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade, de conformidade co artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestímanse as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que asinarán a persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 4 da Orde do 5 de decembro de 2018, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

2. Se a persoa titular do centro non subscribe a addenda ao documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos da modificación

As modificacións a que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2020.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15 da
Orde do 14 de marzo de 2017

a) Educación infantil.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto 2 unidades

15006511

CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto 1 unidade

15010794

CPR Plurilingüe Jaime

Balmes

Noia

Coruña (A)

Incrementar o concerto 1 unidade

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

Ribeira

Coruña (A)

Suprimir o concerto 1 unidade

36003820

CPR Nuestra Señora del Carmen

Grove (O)

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade

36009925

CPR Plurilingüe Amor

de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto 2 unidades

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

15006511

CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

15015366

CPR Plurilingüe Casa do Neno

Santiago de Compostela

Coruña (A)

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Incrementar o concerto 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

Suprimir o concerto 1 unidade

de ESO (1º/2º curso). Reducir 4 horas de orientación

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

c) Educación especial.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15000600

CPR Plurilingüe Nuestra Sra. del Rosario

Arzúa

Coruña (A)

Concertar 1 unidade-plurideficientes

15014532

CPR Plurilingüe Bayón

Ribeira

Coruña (A)

Concertar 1 unidade-plurideficientes

32013557

CPR Plurilingüe Mª Inmaculada

Verín

Ourense

Concertar 1 unidade-plurideficientes

36000351

CPR Plurilingüe Virgen

Milagrosa

Bueu

Pontevedra

Concertar 1 unidade-plurideficientes

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

Incrementar o concerto 1 unidade-psíquicos

36010848

CPR San Fernando

Vigo

Pontevedra

Concertar 1 unidade-plurideficientes

d) Formación profesional básica.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo

de Cociña e Restauración (1 unidade)

15032431

CPR Aula Nosa

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo

de Informática de Oficina (1 unidade)

15026649

CPR Divino Maestro

Pobra do Caramiñal (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso de Servizos Administrativos (1 unidade)

36000569

CPR Salesianos A Mercé

Cambados

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo de Agroxardinaría e Composicións Florais

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Servizos Comerciais (1 unidade)

36016152

CPR Divino Maestro

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo

de Informática de Oficina (1 unidade)

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo

de Informática e Comunicacións

(1 unidade)

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo

de Informática de Oficina (1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Emerxencias Sanitarias (1 unidade)

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

Marín

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Farmacia e Parafarmacia (1 unidade)

36005671

EFAG A Cancela

Neves (As)

Pontevedra

Concertar 1 unidade do ciclo Coidados Auxiliares de Enfermaría

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Atención a Persoas en Sit. de Dependencia

(1 unidade)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15005270

CPR Afundación

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo Desenvolvemento de Aplicacións Web (1 unidade)

15004265

CPR Plurilingüe Liceo

La Paz

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 1º curso do ciclo Administración e Finanzas (1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Integración Social (1 unidade)

36005671

EFAG A Cancela

Neves (As)

Pontevedra

Concertar o 1º curso do ciclo Educación Infantil (1 unidade)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020313

EFAG Piñeiral

Arzúa

Coruña (A)

O centro non dispón de autorización para impartir as ensinanzas solicitadas, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña (A)

O centro non dispón de autorización para impartir as ensinanzas solicitadas, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017

15015421

CPR Plurilingüe Juventud

Santiago de Compostela

Coruña (A)

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

15032066

CPR Tesdai

Santiago de Compostela

Coruña (A)

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

32025049

Litocentro

Ourense

Ourense

O centro non cumpre co requisito establecido no artigo 3.1.c) da Orde do 14 marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36024793

CPR A Camelia

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36025049

Centro de Formación Profesional San Eloy

Vigo

Pontevedra

O centro non cumpre co requisito establecido no artigo 3.1.c) da Orde do 14 marzo de 2017; non existe necesidade de concerto destas ensinanzas; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36011257

CPR Plurilingüe El Pilar

Vigo

Pontevedra

As necesidades educativas da zona atópanse debidamente cubertas segundo o artigo 7 da Orde do 14 de marzo de 2017; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

36012456

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

O centro non dispón de autorización para impartir as ensinanzas solicitadas, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017