Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 15 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G (expediente 150019915 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notificaránse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas no anexo, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírteselles que, no caso de non compareceren, se considerarán notificados para todos os efectos, ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión, de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 15 de xullo de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33232596B

150019915

4.6.2020

Requirimento de documentación

33096263E

150064809

26.5.2020

Requirimento de documentación

32348525Z

150043709

4.6.2020

Requirimento de documentación

76305168T

150108506

20.5.2020

Requirimento de documentación

32401465P

150069414

20.5.2020

Requirimento de documentación