Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A (expediente 150062419 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, por causa non imputable á Administración, notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido íntegro das resolucións. Advírteselles que, de non compareceren, se considerarán notificadas.

Infórmase de que contra as resolucións, cando esgoten a vía administrativa, poderán interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data da notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

A Coruña, 13 de xullo de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

53799771B

150062419

Desestimación reclamación

23.12.2019

76366018S

150158598

Estimación reclamación

12.11.2019