Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31736

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 30 de xullo de 2020 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude do concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 11 de xuño de 2020 e resolto pola Resolución do 15 de xullo, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Francisco Luis Cano Gómez, procedente de oposición, para a notaría de Ferrol.

– Ana Teresa Canoa Pérez, notaria de Cangas, para a notaría de Vigo.

– Margarita Colunga Fidalgo, notaria do Porriño, para a notaría de Vigo.

– Carmen Temperán Isorna, procedente de oposición, para a notaría de Outes.

– Marta Luisa Diz Amor, procedente de oposición, para a notaría da Pobra de Trives.

– Alberto Núñez Doval, procedente de oposición, para a notaría de San Sadurniño.

– María del Pilar Salas de Miguel, procedente de oposición, para a notaría de Sarria.

– Fernando Ruano Císcar, procedente de oposición, para a notaría de Viana do Bolo.

– María Erias Rodríguez, procedente de oposición, para a notaría de Palas de Rei.

– Cristina Mosquera Criado, notaria de Noia, para a notaría de Padrón.