Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Gallardo I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 8 de xullo de 2020, José Luis Domínguez Álvarez solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Gallardo I.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Dolores Domínguez Domínguez (***6755**), da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Gallardo I.
Situación:
Cuadrícula nº: 34.
Polígono: H.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 15.4.1975.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: José Luis Domínguez Álvarez (***5517**) e María Josefa Domínguez Soutullo (***2981**).
Nova titular: Dolores Domínguez Domínguez (***6755**).
A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 13 de xullo de 2020
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo