Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2019/116-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar, faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e que a súa publicación, no boletín oficial da comunidade autónoma, é facultativa.

Polo anterior e despois de intentada sen éxito a notificación do acto, a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que consta no anexo o anuncio da resolución do expediente en materia de reclamación eléctrica, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 22 de xullo de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

Empresa

Enderezo

IN635A 2019/116-3

Resolución

Industrias Méndez, S.A.

R/ Cañizo, nº 7, 32970 Ourense