Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar o requirimento para completar o expediente 18/341.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio a DNI 35280667R, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

A persoa interesada que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro do dito requirimento, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Xustiza da Xefatura Territorial da Pontevedra, sito na rúa Concepción Arenal, nº 8, andar 4º, 36201 Vigo. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 21 de xullo de 2020

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Acto de notificación: requirimento Servizo de Xustiza da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Data do requirimento: 30 de xuño de 2020.

Persoa interesada: DNI 35280667R.