Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 32/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Regueiro Requeijo contra Ancora Hispania, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020.

Despois de presentar a traballadora María Teresa Regueiro Requeijo exixindo o cumprimento polo empresario Ancora Hispania, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 21.2.2020, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 27.8.2020, ás 10.50 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude, se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ancora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza