Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2020/107-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Servicio Galego de Saúde, Consellería de Sanidade.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de LMTS e centro de transformación prefabricado de 250 kVA na rúa Ourense, en Melide (A Coruña).

Situación: rúa Ourense, Melide (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 15 kV, conexión na liña existente LMTS Clara Campoamor-CS Gadis, con inicio na cela existente no CS 999999 (IN407A 2016/819-1) e fin en empalmes na arqueta existente no tramo comprendido entre os centros CT 00008 (IN407A 2015/106-1) e CS 99999, con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×95 mm2), Al, lonxitude 458 m (ida e volta).

Centro de seccionamento prefabricado (parte do CT PFU-5/20 da compañía distribuidora) con celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptor-seccionador telecontrolado (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña