Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 31024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública da regularización do cemiterio de Leirado.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, para efectos de reclamacións, na Secretaría Xeral deste concello, o expediente de edificación, do seguinte:

– Clodomiro Ogando Durán, en nome e representación da Diocese de Tui, Vigo, para a regularización do cemiterio parroquial de San Salvador de Leirado, ao abeiro da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

Horario e consulta do expediente: de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, na Secretaría do Concello.

Salvaterra de Miño, 13 de xullo de 2020

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa