Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (944/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 944/2019 deste xulgado do social, se ditou con data do 8.7.2020 sentenza, e poderase interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría do órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Talleres Lobar, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza