Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Celso Gómez Valencia y Otros, S.C., para unha explotación porcina de produción de tipo mixto no lugar das Casas da Veiga-Ganade, no concello de Xinzo de Limia (expediente 2019-IPPC-M-83).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Revisión da autorización ambiental integrada 2008/0048_AIA_IPPC_209. Explotación porcina A Curuxeira. As Casas da Veiga-Ganade-Xinzo de Limia (Ourense).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-83.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2008/0048_AIA/IPPC_209.

Titular: Celso Gómez Valencia y Otros, S.C.

NIF: J32236358.

Localización da instalación: lugar As Casas da Veiga, s/n, Ganade, 32640 Xinzo de Limia (Ourense). Referencia catastral: 32033A510101490000BJ.

Actividade principal: explotación porcina de produción tipo mixto.

Descrición: na actualidade Celso Gómez Valencia y Otros, S.C., conta con autorización ambiental integrada para unha explotación porcina con 750 prazas para porcas reprodutoras e 4.560 prazas para porcos de ceba e está tramitando unha modificación consistente na reestruturación de parte das naves da explotación de cara a contar con 980 prazas para porcas reprodutoras, 38 prazas para porcas de reposición, 2 prazas de verróns e 3.500 prazas para porcos de ceba.

O ciclo produtivo das porcas reprodutoras (produción de leitóns) ten unha duración aproximada de entre 20 e 22 semanas. Durante este período ten lugar a cubrición, o parto e a desteta. Cada porca ten unha produción media de 33 leitóns/ano e 2,37 ciclos ao ano. Aos 21 días, os leitóns son separados das súas nais para ser levados á nave de desteta e as nais son devoltas á zona de xestación control para reiniciar o ciclo reprodutivo. Os leitóns poden ser enviados ao matadoiro ou permanecer na nave de desteta ata os 20 kg; despois poden ser enviados a cebadeiros fóra da explotación ou ser trasladados ás naves de ceba da explotación onde permanecerán ata os 100-120 kg, momento en que serán enviados ao matadoiro. Ao final de cada ciclo produtivo, procédese á limpeza e desinfección das instalacións.

A maior parte do xurro producido na explotación será valorizado en parcelas agrícolas e a parte restante será enviada a un xestor autorizado. Para o almacenamento do xurro producido, a explotación conta con 6 fosas de xurro exteriores cubertas (unha delas inutilizada), ademais de canles interiores nas naves; así mesmo, proxéctase a construción dunha nova fosa exterior cuberta.

Verteduras: as augas sanitarias procedentes dos aseos e vestiarios do persoal e as augas de limpeza das instalacións son recollidas nas fosas de xurro interiores e posteriormente canalizadas á balsa de almacenamento de xurro exterior. As augas pluviais limpas son vertidas directamente ao terreo.