Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (287/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Manuela Picallos López, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 287/2018, sendo parte nel, como demandante, María Manuela Picallo López, asistida pola letrada Sra. Insua Canosa e, como demandadas, Limpintegra XXI, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que Lexaudit Consursal, S.L.P., chamado en calidade de administrador concursal; Limpiezas Ciclón, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, pronunciada esta sentenza, en nome do rei, sobre a base dos seguintes.

Decisión.

Estímase en parte a demanda interposta por María Manuela Picallos López contra Limpintegra XXI, S.L., Lexaudit Consursal, S.L.P., chamado en calidade de administrador concursal, e Limpiezas Ciclón, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada Limpintegra XXI, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.109,37 euros en concepto de salarios e vacacións, cos xuros do 10 % por mora, e a Limpiezas Ciclón, S.L. ao aboamento de 12,60 euros en concepto de parte proporcional de vacacións, cos xuros do 10 % por mora, e deberán estar todas as partes e pasar por tal declaración e condena.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Ciclón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza