Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 143/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 143/2019 deste xulgado do social se ditou resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: sentenza de 27.3.2020.

Recurso e prazo: recurso de suplicación en prazo de cinco (5) días.

Persoa/empresa a quen se notifica: Boiro Shoes, S.L., Orense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Boiro Shoes, S.L., Orense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción en taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza