Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2017/152/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo, ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do dito acto administrativo terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 6 de xullo de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2017/152/27.

DNI: 51688666F.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do día 2 de xullo de 2020.