Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de xullo de 2020, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións de baixa das autorizacións turísticas de establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

Ourense, 17 de xullo de 2020

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Café bar Oasis

Oasis, S.A.

Ponte Salgueiriño, s/n

Ribadavia

Café bar Marbella

Núñez Fdez., Mª Estrella

Miguel de Cervantes, 52

Vilamartín de Valdeorras

Café bar Cuatro Lunas

Del Río Pérez, Ainoa

Camiño Caneiro, 27 bx.,

Ourense

Café bar Brasserie do Toural

Edroso Blanco, Pilar

Rúa Toural, 3

Viana do Bolo

Café bar Chusco

Demetrio y Marcos, S.C.

Pena Corneira, 1

Ourense

Café bar O Carteiro

Rodríguez García, Genoveva

Lugar Vilavella

A Mezquita

Café bar Diana

Mohammed Magri

Penas Forcadas, 7

O Barco de Valdeorras

Café bar Come e Cala

Gonçalves Almeida, José Daniel

Castadón, 23

O Pereiro de Aguiar

Café bar Rumbas

Márquez Carbajal, Mª Liliana

Pena Corneira, 1

Ourense