Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 201/2020 contra a resolución desestimatoria do recurso de reposición presentado contra a Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 226, do 27 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no cal solicitou o emprazamento dos interesados no PA 201/2020 contra a resolución desestimatoria do recurso de reposición presentado contra a Resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 226, do 27 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no expediente, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública