Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xullo de 2020 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/250/2018-RP1.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de xuño de 2020, ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras de instalación de almacenamento de áridos e depósitos de aditivos e da balsa de almacenamento de residuos, a retirada dos recheos e depósitos de verteduras e dos contedores de residuos abandonados, no lugar de Sequeiros, parroquia de Portela, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra, que non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico; e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres (3) meses contados desde a notificación da presente resolución, e dar conta dela á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución a José Alejandro Reguera Cameselle, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística