Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 9 de xullo de 2020, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00935-O-2020 e un máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00935-O-2020 e outro por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 9 de xullo de 2020

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa de Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00935-O-2020

4885-DZG

Y0595368G

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

4.5.2020; 9.23; N640; 88,7

Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

LU-00936-O-2020

LU-6009-U

X8310262V

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.4.2020; 19.19; LU530; 2,9

Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros