Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U. para a súa planta de fabricación de ferroaliaxes situada no concello de Dumbría, A Coruña (expediente 2018-IPPC-M-23).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE número 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de ferroaliaxes

Revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U. (Xeal)

Núm. rexistro AAI: 2006/0267-NAA/IPPC-060

Localización: concello de Dumbría (A Coruña)

Expediente: 2018-IPPC-M-23

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático