Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 15 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infraccion da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria e solicitante de prestacións por desemprego do expediente 53539754D/24-01-2020/2.1.E.

Intentada a notificación persoal das resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanse estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) á persoa interesada que se sinala no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictosl único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Durante este prazo a persoa interesada poderá presentarse ante esta Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese a persoa interesada de que, se non interpón o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 15 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

53539754D

53539754D/24-01-2020/2.1.E

Resolución de proced. sancionador

Vilalba