Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (295/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 295/2020, por instancia de María Luz Freire Muíño contra a empresa Construcciones Torres Tasende, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolucións de contrato e despedimento, en que se ditou Sentenza do 30.6.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda interposta por María Luz Freire Muíño fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido o contrato de traballo que unía a traballadora coa empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. na data da presente resolución.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante do 27 de febreiro de 2020.

– Condénase a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 16.661,37 euros, en concepto de indemnización por extinción da relación laboral e a cantidade de 4.375,72 euros, en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Torres Tasende, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza