De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE número 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:
Instalación: complexo industrial de San Cibrao, plantas de alumina e de aluminio |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: Alúmina Española, S.A. Titular: Aluminio Español, S.L.U. |
Núm. rexistro AAI: 2020-IPPC-110-331 |
Localización: concellos de Xove e de Cervo (Lugo) |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático