De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 10 de xullo de 2020 do proxecto de ordenación forestal no monte veciñal en man común Comunal de Parada da Serra, na parroquia de Parada da Serra, no concello da Gudiña (Ourense), promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada da Serra.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático