Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado das follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada liña eléctrica de alta tensión 66 kV Miñón, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Unha vez transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/15-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.

Denominación da instalación: liña eléctrica de alta tensión de 66 kV en Miñón.

Concello: Vimianzo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

135

Xandras do Río

Herdeiros de María Josefa Martínez Mourelle

184

Xallas de Abaixo

Herdeiros de Jesús Rey Pais