Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Camariñas

ANUNCIO de apertura do trámite de información pública tras a aprobación inicial do estudo de detalle para reaxuste de aliñación no cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle (expediente 2019/X999/000238).

A Xunta de Goberno Local, en sesión con data do 10 de xuño de 2020, aprobou inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de aliñación no cuarteirón existente entre a Rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle, formulado/promovido por Celia Carracedo Tajes e subscrito/redactado polo arquitecto Maximino Manuel Aguiar Baña.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente e a documentación do estudo de detalle a información pública, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, polo prazo dun mes contado desde o último anuncio, coa finalidade de quen o desexe poida examinalo e deducir durante o citado prazo cantas alegacións ou observacións considere oportunas.

Durante o período de información pública, o dereito de información e acceso poderase exercer mediante consulta no portal de transparencia do Concello (información institucional organizativa e planificación: plans e programas), aloxado na sede electrónica, e nas oficinas xerais do Concello, sitas na casa do concello, praza de Insuela, nº 57 (Camariñas), de luns a venres, das 9.30 ás 13.30 horas.

Camariñas, 8 de xullo de 2020

Sandra Insua Rial
Alcaldesa