Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29766

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Química Orgánica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014, mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro 2014).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Química Orgánica pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Química Orgánica

Código RUCT: 4314248.

Rama de coñecemento: ciencias.

Universidades participantes: Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora).

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

12

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Síntese orgánica avanzada e mecanismo de reacción

9

Obrigatoria

Formación obrigatoria avanzada

Química orgánica estrutural

6

Obrigatoria

Actividades formativas titorizadas

3

Obrigatoria

Proxecto

12

Obrigatoria

Deseño e métodos de síntese

3

Optativa

Especialización

Procesos catalíticos en química orgánica

3

Optativa

Química computacional

3

Optativa

Química médica

3

Optativa

Química orgánica biolóxica

3

Optativa

Química supramolecular

3

Optativa

Materiais orgánicos e nanotecnoloxía

3

Optativa

Información e patentes

3

Optativa

Procesos orgánicos industriais e sostibilidade

3

Optativa

Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos

3

Optativa

Química dos produtos naturais

3

Optativa

Química médica no desenvolvemento de fármacos: do laboratorio á clínica

6

Optativa

Materiais orgánicos e nanociencia

6

Optativa

Química orgánica supra e macromolecular

6

Optativa

Heterociclos e produtos naturais

6

Optativa

Traballo fin de máster

18

Obrigatoria

Traballo fin de máster