De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de xullo de 2020 do proxecto de explotación avícola con capacidade para 27.627 polos campeiros, na parroquia de Vilatuxe, no concello de Lalín (Pontevedra), promovido por Vila Avícola, S.C.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático