BDNS (Identif.): 516778.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nos supostos seguintes:
a) Ter un fillo ou filla nado ou nada con posterioridade ao 31 de decembro de 2017 e que non cumpra os requisitos para acceder ao programa de gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:
1º. Ter solicitado praza en calquera das escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
2º. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
3º. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/2021 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
4º. Ter obtido axuda deste programa no curso 2019/20 e solicitala para a mesma nena ou mesmo neno.
5º. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
c) Escolarizar o neno ou nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.
2. Para os efectos da orde, enténdese por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos: as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e convocalas para o curso 2020/21.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 14 de xullo de 2020 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se convocan para o curso 2020/21 (código de procedemento BS403A).
Cuarto. Financiamento e contía da axuda
1. Ás axudas obxecto da convocatoria destínase un orzamento total dun millón setecentos corenta e seis mil douscentos cincuenta euros (1.746.250,00 €), que se imputará á aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.11, distribuído en dúas anualidades, correspondendo 635.000,00 € á parte do curso 2020/21 que se desenvolve en 2020 e 1.111.250,00 € á que se desenvolve en 2021.
2. A axuda consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de once meses.
3. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, e non poderá superar en ningún caso o custo da praza:
Tramo de renda per cápita |
Xornada completa |
Media xornada |
|||
Atención educativa |
Atención educativa con comedor |
Atención educativa |
Atención educativa con comedor |
||
Inferior ao 30 % do IPREM |
De 0 a 161,34 € |
180,00 € |
250,00 € |
90,00 € |
125,00 € |
Do 30 % ou superior e inferior ao 50 % do IPREM |
De 161,35 a 268,91 € |
180,00 € |
233,00 € |
90,00 € |
116,50 € |
Do 50 % ou superior e inferior ao 75 % do IPREM |
De 268,92 a 403,37 € |
147,00 € |
200,00 € |
73,50 € |
100,00 € |
Do 75 % ou superior e inferior ao 100 % do IPREM |
De 403,38 a 537,83 € |
115,00 € |
159,00 € |
57,50 € |
79,50 € |
Do 100 % ou superior e inferior ao 125 % do IPREM |
De 537,84 a 672,29 € |
75,00 € |
109,00 € |
37,50 € |
54,50 € |
Do 125 % ou superior e inferior ao 150 % do IPREM |
De 672,30 a 806,75 € |
55,00 € |
74,00 € |
27,50 € |
37,00 € |
Entre o 150% do IPREM e 1.000 € |
De 806,76 a 1.000 € |
45,00 € |
51,00 € |
22,50 € |
25,50 € |
Superior a 1.000 € |
45,00 € |
45,00 € |
22,50 € |
22,50 € |
4. Enténdese por servizo de comedor o definido no artigo 26 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. Este servizo comprenderá o xantar, que será prestado por persoal do propio centro ou contratado con tal fin (servizo de cátering), e incluirá en todo caso os alimentos.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
1.O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
2. Con carácter excepcional, poderán presentarse solicitudes pasado o prazo ordinario establecido no número 2 e con data límite do 31 de outubro de 2020, nos seguintes supostos:
a) As familias que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos nas cales se producira un nacemento, acollemento ou adopción da nena ou neno con posterioridade á finalización do dito prazo.
b) As mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos ás cales se lles expedise a documentación acreditativa desta condición con posterioridade á finalización do dito prazo.
c) As galegas e os galegos que retornasen a Galicia durante o ano 2020, que residisen fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes e para un concello onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social