Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2020 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio personificado Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución de traballos de reposición do dominio público hidráulico no lugar de Troitomil, parroquia de Lestedo, concello de Boqueixón (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encargo.

Título e obxecto: execución de traballos de reposición do dominio público hidráulico no lugar de Troitomil, parroquia de Lestedo, concello de Boqueixón (A Coruña).

Clave do expediente: ENC.19006.

Código CPV (referencia de nomenclatura): código CPV 45246200-5 Traballos de protección de ribeiras fluviais.

Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).

Data de aprobación: 23 de xuño de 2020.

Data de formalización: 26 de xuño de 2020.

Orzamento: 88.009,46 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 88.009,46 euros. Inclúe o orzamento inicial do encargo.

Prazo de execución: 3 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que sexan necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 29 de xuño de 2020.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia