Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de trámites de audiencia respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán e Busto (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado  (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra, rúa Polideportivo, nº 1, baixo (teléfono 886 15 94 52) das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación se terá producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 9 de xullo do 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

206

76794290G

Notificación trámite de audiencia

206

36078201X

Notificación trámite de audiencia

206

36061061M

Notificación trámite de audiencia

275

35287910E

Notificación trámite de audiencia

279

76793852A

Notificación trámite de audiencia