En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Trevo Analistas, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 27 de maio de 2020, no Rexistro Provincial de Lugo. Consta como novo capital social mínimo 7.000,00 €.
Lugo, 8 de xullo de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo