Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 234/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 234/2018, por instancia de Ana Brum Vázquez e Cecilia Cobas Seoane, contra a executada Trians y Varela, sobre despedimento, se ditou o día 2 de xullo de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 10.277,01 euros de principal, máis 1.027,70 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza