Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 98/2013).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 98/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Pena Louzao contra a empresa Susana Seoane Otero, Santín y Otero, S.C., Rosa Mª Santín Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto do 3 de xullo de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar as executadas Susana Seoane Otero, Santín y Otero, S.C. e Rosa Mª Santín Gómez en situación de insolvencia parcial por importe de 17.713,49 euros en concepto de principal, máis 1.554,04 euros en concepto de xuros de mora, máis 2.039,88 euros que provisionalmente se orzan para intereses, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens das executadas.

c) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Susana Seoane Otero, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0098 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0098 13”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese á destinatarioade que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Susana Seoane Otero, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza