Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29115

I. Disposicións xerais

Parlamento de Galicia

ACORDO do 14 de xullo de 2020, da Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, polo que se modifica o anexo I do Regulamento das distincións e condecoracións.

Artigo único. Modificación do anexo I do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia

Modifícase o anexo I do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2005), nos termos seguintes:

«ANEXO I

A insignia de deputada ou deputado

missing image file

Materiais:

– Gravado en relevo.

– Aliaxe metálica.

Realizada en dourado oxidado.

Diámetro total: 19 mm.

Grosor incluíndo o relevo: 1,3 mm».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia