Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29272

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario reservadas á quenda de promoción interna (referencia CPI2020F).

No Boletín Oficial da provincia número 121, do 26 de xuño de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público dos anos 2018 e 2019, reservadas á quenda de promoción interna:

– Dúas prazas de técnica ou técnico medio de xestión tributaria, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 3 de xullo de 2020

A presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra