Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a LP Aves, S.C. para a explotación avícola de polos de ceba situada en Mercurín, concello de Boimorto, A Coruña (expediente 2019-IPPC-M-113).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Memoria para revisión da autorización ambiental integrada dunha explotación avícola», para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

(http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-113.

Número da autorización ambiental integrada: 2015-IPPC-I-72-313.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a.

Titular: LP Aver, S.C.

CIF: J70279328.

Domicilio social: Aquelavila, número 19, Buazo-Mercurín, Boimorto (A Coruña).

Localización da instalación: Aquelavila, número 19, Buazo-Mercurín, Boimorto (A Coruña).

Actividade principal: explotación avícola para ceba de polos.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para 110.961 polos de ceba dispostos en tres naves. A instalación conta con 2 silos de penso por nave, 2 depósitos de gas propano para abastecer o sistema de calefacción e un grupo electróxeno. Ademais, dispón de 2 esterqueiras que garanten o almacenamento do esterco producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e baños da instalación son recollidas e conducidas cara a unha fosa séptica (900 l), con filtro biolóxico, antes de ser vertidas ao dominio público por infiltración no terreo. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son conducidas ata unha fosa estanca (48 m3), que se baleirará cada 6 meses, para ser xestionadas coma fertilizante agrícola conxuntamente co esterco. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola.