Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de documentación respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán e Busto (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra, rúa Polideportivo, nº 1, baixo (teléfono 886 15 94 52), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación, e advírteselle que, conforme o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no dito prazo, se terá por desistido da súa petición.

Pontevedra, 8 de xullo de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

Rec. 283

33220654Y

Notificación requirimento

Rec. 283

35154545P

Notificación requirimento