Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Industrias del Tablero, S.A. (Intasa) para a planta de produción de taboleiros de fibra de media densidade que se localiza no concello de San Sadurniño, A Coruña (expediente 2020-IPPC-M-60).

Para os efectos previstos no artigo 29 de la Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documento titulados:

– Revisión do estudo de impacto ambiental ordinario referido a: incremento no caudal máximo de vertedura autorizado das augas residuais industriais nas instalacións de Intasa en San Sadurniño.

– Revisión da modificación substancial da autorización ambiental integrada de Intasa referido a: incremento do caudal de vertedura das augas residuais industriais nas instalacións de San Sadurniño.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-60.

Peticionaria: Industrias del Tablero, S.A. (Intasa).

CIF: A15104110.

Domicilio social: A Bidueira, nº 1, San Sadurniño (A Coruña).

Localización da instalación: A Bidueira, s/n, 15560 San Sadurniño (A Coruña).

Actividade: produción de taboleiros de fibra de media densidade.

Descrición da modificación:

A actuación proxectada consiste na modificación da tecnoloxía empregada no proceso de estrullamento da madeira, aumentando a presión dos parafusos empregados. Como consecuencia, extráese unha maior cantidade de auga que se tratará na estación depuradora de augas industriais.

Os parafusos estrulladores, que son substituídos por desgaste periodicamente, permiten realizar os cambios no proceso sen reforma ningunha pero si supón un aumento da vertedura de augas residuais.

Considérase que as augas residuais que se poden xerar coa nova forma de operar no proceso de estrullamento será de 84.220 m3/ano.

O caudal de deseño da EDARI é de 91.520 m3/ano polo que solicitan este caudal máximo de vertedura, fronte aos actuais 10.140 m3/ano, tendo en conta:

• Media anual estimada de augas residuais industriais que se poden xerar coas novas regras de operación (84.220 m3/ano).

• Augas residuais fecais (esta cifra non varía do que está autorizado) (140 m3/ano).

• Aguas da balsa de lavado de colas 1.000 m3 (estimado).

• Augas procedentes da limpeza de coxeración 1.000 m3 (estimado).

• Augas procedentes da limpeza das instalacións 1.000 m3 (estimado).

• Media anual estimada de augas pluviais procedentes do primeiro lavado de bacía que poden ser tratadas na depuradora coa implantación das novas regras de operación (3.312 m3/ano) (o equivalente a bombear 10 veces todo o volume da balsa grande que é onde se acumula a maior cantidade de sólidos).

• Estase estudando a posibilidade de tratar as augas de colas das instalacións de Intasa nas Pontes (actualmente estase analizando esta posibilidade) 80-100 m3/ano (estimado).