Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 25/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Jesús Canicoba Aboy, en procedemento de execución de títulos xudiciais, rexistrado co número 25/2020, se acordou citar a executada Mecanizados Aneal, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 27 de xullo de 2020, ás 9.30 horas, co fin de celebrar a oportuna comparecencia. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírtese de que é unha única convocatoria e de que o dito acto non se suspenderá pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o auto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

No caso de que pretenda comparecer á comparecencia asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Mecanizados Aneal, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza