Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007 (expediente 1318/2019).

Orde de execución de limpeza de leiras, ditadas ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

Ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 39 do lugar de Tío Rincho (Santa María) Oia, e resultando descoñecido o domicilio do titular da parcela 1025 (referencia catastral 36036A039010250000QT), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria á conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

1318/2019

(urb 41/2019)

Manuel Fernández Treinta

Enderezo descoñecido

36036A039010250000QT

Parcela 1025 do polígono 39

Lugar de Tío Rincho (Santa María) Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 6 de xullo de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa