Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28897

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación da modalidade C das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou no Diario Oficial de Galicia do día 13 de xaneiro de 2019 a Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT207E).

A base décimo sétima establece que o prazo de xustificación da subvencións para a modalidade C rematará o 30 de xullo de 2020.

O artigo 45.3 do Decreto 1172009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

O artigo 32 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

En consecuencia, tendo en conta a data de xustificación da modalidade C, as solicitudes de ampliación deste prazo por parte de beneficiarios, polas das dificultades que están atopando para presentar a súa xustificación como consecuencia da declaración do estado de alarma polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, por mor do COVID-19, o que provocou unha suspensión dos prazos administrativos, unha parálise total da actividade económica e un novo escenario social.

Polas razóns antes expostas,

RESOLVO:

Modificar a data límite de xustificación establecida na base décimo sétima da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019, para a modalidade C ampliando o prazo para presentar a documentación xustificativa ata o 30 de setembro de 2020.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais